DeportesÚltima hora

Cursiño de iniciación ao piragüismo no Barco

Un verán máis o Club Fluvial Barco aposta por achegar aos máis novos ao piragüismo. Dende o 9 de xullo está en marcha un novo cursiño de iniciación a este deporte acuático. Está dirixido a nenos/as de 8 a 18 anos de idade e, como requisito imprescindible para poder asistir ás clases, deben saber nadar.

Os alumnos están organizados por grupos de idade en clases que se imparten nas mañás dos luns, mércores e venres no río Sil.

O curso prolongarase ata o vindeiro 7 de setembro e tamén se prevé que os participantes poidan acudir a diversas probas provinciais, entre elas a que se celebrará na Rúa o vindeiro 26 de agosto.

Artigos relacionados

Back to top button