EconomíaEconomíaÚltima hora

Curso sobre as posibilidades das redes sociais para o comercio, en Xinzo de Limia

Terá lugar o 18 de novembro na Academia Cero e será organizado pola Asociación de Empresas e Comercios da Limia

Co fin de achegar aos comerciantes ao manexo e aplicación das novas tecnoloxías para mellorar os seus negocios, a Asociación de Empresas e Comercios da Limia, ProLimia, organizará o sábado 18 de novembro un curso a partires das 16:30h. na Academia Cero.

O curso terá unha duración de catro horas e malia abordar as redes sociais en xeral, centrarase de xeito especial en facebook e instagram para uso dende PC e Apps móbiles. Este contido “vai dirixido a promocionar a túa empresa e produtos”, indican dende ProLimia.

O curso é gratuíto pero as prazas son limitadas, polo que será necesario inscribirse a través do correo electrónico prolimia@gmail.com.

Artigos relacionados

Back to top button