ConcellosÚltima hora

Curso básico de Protección de Civil na Rúa en novembro

 

Neste mes de novembro impartirase no concello da Rúa un curso básico de Protección Civil. En concreto terá lugar o sábado 9 de novembro de 9h. ás 20h., o domingo 10 de novembro de 9 a 20h, o sábado 16 de 9h. a 18h. e o domingo 17 de 9h. a 15h.

Nel participarán 24 voluntarios: 5 da Rúa, 6 de Petín, 3 de O Bolo, 2 de Ribas de Sil (Lugo), 2 de Viana do Bolo, 2 de Vilamartín, 1 de Manzaneda e 1 de Vilariño de Conso, tal e como se informa dende a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Rúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button