SanidadeÚltima hora

Curso de atención integral ao paciente encamado na Casa da Cultura de Xinzo

Comeza o vindeiro 21 e organiza a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia
Cartaz do curso.
Cartaz do curso.

A Casa da Cultura de Xinzo de Limia acollerá os días 21, 22, 25 e 26 de abril un curso formativo sobre a atención integral a pacientes encamados. A actividade, organizada pola Asociación Escola Rural de Saúde da Limia, vai dirixida á poboación en xeral, con especial orientación a persoas que empregan o seu tempo como coidadores ou que teñen familiares dependentes encamados. O obxectivo é mostrar coñecementos e habilidades á hora de prestar atención especializada a este tipo de pacientes.

As clases serán impartidas de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas ou de 16.30 a 19.30 horas pola docente Elisa Cadaya, que exerce como enfermeira de Atención Primaria e Hospitalaria do Sergas. Os interesados en participar, deben poñerse en contacto a través do teléfono 603 784 435 ou do enderezo electrónico escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es, pois é obrigatorio anotarse previamente. Tamén se pode realizar a inscrición de forma presencial na propia aula.

Colaboran na actividade o Concello de Xinzo de Limia e a Deputación De Ourense.

Por outra banda, en pararelo ás clases, tamén se exporá un estudo realizado polo equipo do Departamento de Psicología de la Universidad de Valencia firmado polos doutores Andrea Vázquez, Esperanza Navarro-Pardo e Pedro Fernández. Trátase dunha análise do entorno dos coidadores familiares no que se mostra con datos a relación existente entre a saúde e a calidade de vida do coidador familiar en función da carga de traballo que teña e que aborda tamén as posibles estratexias para afrontar esta situación.

Artigos relacionados

Back to top button