Chandrexa de QueixaConcellosManzanedaSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

Curso de Atención Sociosanitaria a dependentes en institucións sociais, en Chandrexa de Queixa

 

O antigo colexio de educación primaria do concello de Chandrexa de Queixa acollerá no vindeiro mes de outubro un curso de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, tal e como se vén de facer público a través das redes sociais.

Esta acción formativa é froito da reunión mantida en outubro do ano 2019 por parte dos concellos que conforman a comarca de Trives (Chandrexa de Queixa, Manzaneda, San Xoán de Río e A Pobra de Trives) co xefe Territorial de Emprego e Igualdade.

“En dita reunión mantivéranse conversas sobre varios temas de interese para a comarca, sendo o central a posible homologación de instalacións nos concellos para a realización de cursos formativos e dándolle preferencia a aqueles nos que as posibilidades de inserción laboral fosen maiores; acordando así, que este que se vai ofertar era o de maior interese para os concellos debido á presenza en todos eles de residencias de maiores e prestación de servizo de axuda no fogar, tendo en conta a falta de persoal laboral cualificado existente. Esta é unha mostra máis de que a colaboración entre concellos é a mellor maneira de acadar obxetivos e atender necesidades, que na meirande parte dos casos son comúns”, tal e como informan os concellos.

Artigos relacionados

Back to top button