ConcellosÚltima hora

Curso de búsqueda e rescate en terreo nevado na estación de montaña

Será organizado polo Concello de Manzaneda e pola súa agrupación de Protección Civil
Membros de Protección Civil de Manzaneda asistindo a un curso impartido na estación de montaña de Manzaneda./ Foto cedida por Protección Civil de Manzaneda.
Membros de Protección Civil de Manzaneda asistindo a un curso impartido na estación de montaña de Manzaneda./ Foto cedida por Protección Civil de Manzaneda.

Os días 7 e 8 de febreiro a estación de montaña de Manzaneda acollerá un curso teórico-práctico de búsqueda, auxilio e rescate en terreo nevado cun total de vinte participantes. Será impartido polo doutor Antonio Ulloa Reinoso e da súa organización encargarase o Concello de Manzaneda e a súa agrupación de Protección Civil.

A través desta acción formativa, dirixida principalmente a profesionais e voluntarios de servizos de emerxencias e rescate, búscase ensinar a previr accidentes na práctica de actividades en montaña invernal. Tamén se pretende achegar as habilidades necesarias para realizar labores de localización, asistencia urxente ou rescate.

Dada a boa acollida do curso, e tendo en conta que hai días que se esgotaban as súas prazas, a organización decidiu promover unha segunda edición desta acción formativa que se impartirá os días 28 de febreiro e 1 de marzo.

Artigos relacionados

Back to top button