EconomíaÚltima horaViticultura

Curso de cata da Ruta do Viño Valdeorras o 26 de setembro

Os asistentes desfrutarán dunha cata e da visita a unha adega para coñecer o proceso da vendima

Imaxe dunha viña. / Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Ruta do Viño de Valdeorras programa o curso de cata “De tal UVA tal VIÑO”, que pretende achegar aos participantes diferentes conceptos organolépticos e enolóxicos para a elaboración dos viños. A cita será o vindeiro 26 de setembro, cunha duración de 7 horas impartidas en xornada partida (de 11:00h a 14:00h e de 16:30 a 20:30) no Hotel A Calzada, de Vilamartín. Debido á actual tempada de vendima, o curso contará con uvas, mostos e viños para a súa análise e realización do proxecto teórico do perfil do viño.

O curso constará de dous apartados. Por un lado terán lugar varias sesións de cata de uvas, mostos e viños brancos e tintos da D.O. Valdeorras: godello, xerez, dona branca, teixadura, mencía, garnacha, souson, brancellao… Entre eles atópanse tamén os viños gañadores na XXI Cata Oficial dos Viños de Valdeorras. Por outro lado, os asistentes tamén visitarán a adega A Coroa para coñecer in situ o proceso da vendima. O 27 de setembro, de 11:00h a 14:30h, terá lugar, opcionalmente, unha visita ao viñedo e adega Alan de Val e aos lares rupestres de Larouco, descubertos recentemente.

A actividade estará dirixida polo Director Técnico do Consello Regulador de Valdeorras, Jorge Mazaira, con aforo limitado para poder garantir as medidas de seguridade fronte á Covid-19. O custo de participación é de 25€ por persoa, que será de volto no caso de cancerlase o curso se a situación sanitaria empeorase. Para participar é necesario facer unha reserva ao número 604 0787 53 ou enviar un mail a info@rutadelvinovaldeorras.com. A organización tamén está aberta a ofrecer consello sobre hostalería e restauración a todas aquelas persoas de fóra da comarca que desexen asistir.

Programa

 

Sábado 26 de setembro

11:00 – 11:15 Presentación da Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras e Denominación de Orixe Valdeorras.

11:15 – 12:30 Elaboración da ficha e cata de uvas brancas da D.O. Valdeorras

12:30 – 12:45 Pausa para café.

12:30 – 14:00 Cata de nove viños brancos das adegas da Ruta do Viño Valdeorras.

16:30 – 17:45 Visita á adega A Coroa para coñecer a vendima.

18:00 – 19:00 Cata de uvas tintas da D.O. Valdeorras.

19:15 – 21:00 Cata de oito viños tintos das adegas da Ruta do Viño Valdeorras.

 

Domingo 27 de setembro (opcional)

11:00 – 12:45 Visita camiñando á viña e á adega Alan de Val.

13:00 – 13:30 Visita aos lagares rupestres de Larouco.

 

Cartel da actividade. / Foto: cedida.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button