Curso de elaboración de cervexas en Verín

O sumiller Luis López acolleu esta fin de semana un curso para elaborar cervexas no Museo do Claustro Mercedario de Verín

O sumiller Luis López./Foto: Concello de Verín.

Dende o venres día 29 pola tarde ata a mañá do sábado 30, foi impartido un novo curso da UNED dentro da serie “De Monterrei ao Mundo” no Museo do Claustro Mercedario de Verín.

Este seminario permitíu coñecer as diversas formas de elaborar e clasificar as cervexas por todo o mundo, dende as de Monterrei, as elaboradas con mosto de albariño ou as alemás de trigo. Ademáis, permitíu descubrir a historia e evolución destas, así como as receitas existentes na actualidade e ass materias primas necesarias para a súa elaboración. Tamén se analizaron os posibles defectos perceptibles nunha cervexa e como tratar de previlos, o correcto servizo tanto de presión como en botella e como realizar unha cata sensorial.

 

Un dos momentos do curso./Foto: Concello de Verín.

 

O curso, impartido polo sumiller Luis López, rematou na mañá do sábado cunha degustación de 25 marcas de cervexa, servíndose un total de 96 botellas de 18 estilos de diferentes. Entre elas atopábase a elaborada por unha rapaza de Verín e a fabricada con mosto de albariño das Rías Baixas.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies