ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Curso de elaboración de marmeladas, conservas e transformación de castañas, en Vilanova

A actividade estivo organizada pola Asociación Cultural O Mosteiro

Os días 10 e 11 de febreiro o local das Escolas Municipais de Vilanova, no Barco de Valdeorras, acollía un curso de elaboración de marmeladas, conservas e transformación de castañas, organizado pola Asociación Cultural O Mosteiro.

A primeira xornada estivo adicada á elaboración de marmeladas “a partires de produtos de tempada nas que se mesturaron froitas e verduras como mandarina e cabaza”, explica a presidenta da asociación, Ángeles Pérez. Ese día tamén se fixeron salsas para acompañar carnes e pesixes, coa mesma base de froitas e verduras. As castañas foron as que máis xogo deron e “ata elabaron unha crema cone las o segundo día”, di Ángeles.

Ademais, O Mosteiro organiza a tradicional Cea de Comadres para este xoves, 23 de febreiro, na Casa Galaica do Barco a partires das 22 horas “para darlle a benvida ao Entroido, así que ningunha muller nin home disfrazado de muller, pode faltar”.

Artigos relacionados

Back to top button