EconomíaEconomíaÚltima hora

Curso de Especialización en Viticultura e Enoloxía, na Aula da Uned A Rúa

Celebrarase do 22 de outubro ao 7 de maio de 2022 (venres pola tarde e sábados pola mañá) e consta de 52 horas lectivas

Publicidade
Recepción da Aula Uned A Rúa./ Foto: Aula Uned A Rúa.

 

Co obxectivo de dar a coñecer as últimas novidades e tendencias no sector do viño, cunha visión interdisciplinar, Uned Ourense organiza a primeira edición do Curso de Especialización en Viticultura e Enoloxía: Encontros para o progreso e o emprendemento rural, que abarcará desde o enoturismo ata a xestión empresarial e comercialización dos produtos vitivinícolas, realizando boas prácticas de produción e respectando o medio ambiente; sen desprezar os preceptos da lexislación vixente para seguir traballando baixo sistemas de calidade e garantindo a seguridade alimentaria.

Este curso celebrarase do 22 de outubro deste 2021 ao 7 de maio de 2022 na aula Universitaria da Rúa, consta de 52 horas lectivas e 2 créditos ECTS e será en liña e presencial.

Os relatores son: Jesús Manuel Álvarez Rodríguez, técnico superior en Prevención de Riscos Laborais Máster (Uned); Ricardo Dobao Macía, enxeñeiro técnico agrícola; Julio Fernández Portela, profesor titular de Xeografía Humana na Uned e membro do Grupo de investigación de Cultura, Paisaxe e Patrimonio da Vide e o Viño (Vitisuned); Cecilia Fernández Rodríguez, licenciada en Bioloxía e Enoloxía e consultora enolóxica; Jorge Mazaira Pérez, director técnico da D.O. Valdeorras; María Eugenia Medina González, enóloga e licenciada en Bioloxía, membro de Dona Branca Asesoría Enolóxica Integral S.L; María Cristina Murga Macías, enxeñeira técnica agrícola e enóloga de escumosos galegos. Tamén intervirán Luís Peique Valle, socio fundador de Adegas Peique-Bierzo, fundador de Proxecto O Cabalín D.O. Valdeorras; Santiago Pérez Espiño, enxeñeiro técnico agrícola; Eladio Santos Martínez, concelleiro de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Consumo do Concello do Barco; e Marta Sertaje Nogueira, directora de Exportación en A Coroa SAT.

O curso comezará o venres 22 de outubro de 18 a 20:30 h. con Jorge Mazaira que falará sobre o presente e futuro nos viños de Galicia. Historia e regulamento da D.O Valdeorras. Certificacis de calidade e desenvolverase os venres en horario de tarde e os sábados pola mañá. O programa completo pode consultarse neste arquivo: Programa

 

Artigos relacionados

Back to top button