CulturaEducaciónÚltima hora

Curso de extensión universitaria na aula da Uned da Rúa, os días 4 e 5 de abril

O programa inclúe obradoiros sobre saúde e unha sesión de Aikido

UnedRuaalunnos1343

UnedRuprofesora 347

Un total de 25 alumnos de A Rúa, O Barco, Viana, Ourense e Verín, participan no curso de extensión universitaria da Uned “Educación para a saúde: infantil, primaria e secundaria”, que se está impartindo na sede da Rúa unicada no colexio Manuel Respino, cunha duración de 10 horas e obtención de 1 crédito de libre elección (0,5 ECTS) para alumnado da Uned.

Durante a sesión do vernes 4 de abril (de 16 a 21 horas), impartíronse dous obradoiros. O primeiro a cargo de Jacinta Sánchez García, titora de Bioloxía do centro, versou sobre hábitos saudables na alimentación durante as diferentes etapas da educación. Por outra banda, a doutora Eva Rodríguez, médica do Centro de Saúde de Quiroga, centrou a súa charla nos factores de risco na saúde dende a infancia ata a adolescencia.

O curso continurá mañá sábado 5 de abril de 9 a 14 horas, cun obradoiro de saúde bucodental a cargo da doutora Elena López Alvar, directora de investigación no Centro Médico Odontolóxico Guitián de Vigo.

Finalmente e como novidade, “introducirase aos participantes nos segretos do Aikido, unha arte marcial xaponesa, e a súa aplicación para fortalecer a intelixencia emocional nos estudiantes” tal como explican dende a Uned. A sesión correrá a cargo de Luis Gulín, cinturón azul, que se formou na Federación Alemana de Aikido e na Asociación AikiKai de Galicia, participando en cursos internacionais en Francia, Holanda e País Vasco.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button