OurenseÚltima hora

Curso de “fitness colectivo” en Barbadás

Densenvolverase do 9 ao 18 de marzo no Centro Empresarial Transfronteirizo

Cartel do curso.

 

Co obxectivo de ensinar a executar e dirixir rutinas de adestramento nunha clase colectiva, a Concellería de Promoción Económica, Formación e Turismo de Barbadás pon en marcha un curso de “fitness colectivo con implementación muscular”.

Dende hoxe e ata o 18 de marzo, impartiranse no Centro Empresarial Transfronteirizo (CET), un total de 40 horas teóricas, en horario de luns a venres de 9 a 14 horas. Despois da formación teórica haberá un período de outras 40 horas de prácticas non laborais en centros deportivos.

As prazas son limitadas, asignadas por orde de entrada das solicitudes no Rexistro, e con preferencia para as persoas desempregadas e empadroadas no Concello de Barbadás.

Artigos relacionados

Back to top button