ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Curso de formación de camareiros na D.O. Valdeorras

Impartido pola sumiller Mercedes González, estaba dirixido aos camareiros que se encargarán do servizo do viño no Festival SilFest a finais de xullo

A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, en Vilamartín, acollía o 30 de xuño un curso de formación para os camareiros que se ocuparán do servizo de viño durante a celebración do Festival SilFest Valdeorras no Barco a finais de xullo.

Nesta acción formativa, impartida pola sumiller Mercedes González, participaban nove persoas. No seu decurso abordábanse cuestións como o servizo e conservación de viños. Tamén se afondaba nos viños de Valdeorras, así como nas peculiaridades desta denominación: uvas, elaboracións e o carácter terroir. Tamén se amosaba o descorche de botellas e servizo.

Este curso foi organizado pola Asociación Cultural SilFest en colaboración co Consello Regulador da D.O. Valdeorras.

Fotos cedidas pola organización do SilFest.

Artigos relacionados

Back to top button