EconomíaEconomíaÚltima hora

Curso de formación en apicultura mañá en Monforte de Lemos

Centrarase nos fundamentos teóricos da cría de abellóns (macho da abella) e na produción intensiva de núcleos (colmeas)

Imaxe dun colmear./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mañá impartirase un curso sobre apicultura no centro de formación e experimentación agroforestal de Monforte de Lemos, promovido dende a Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

O curso -que contará cunha duración de 8 horas repartidas en dúas xornadas de tarde- centrarase nos fundamentos teóricos da cría de abellóns (macho da abella) e as súas peculiaridades xenéticas. Tamén se abordarán os sistemas de crianza máis empregados e a produción intensiva de núcleos (colmeas). Na parte práctica, abordarase a preparación da colmea para a produción de abellóns e a elaboración dos núcleos máis comúns.

“O obxectivo é transmitir ao alumnado a importancia de traballar tamén na parte da cría dos machos de abella e o seu papel fundamental nos acoplamentos, complementando desta forma a crianza de raíñas para obter uns resultados óptimos. Desta forma, preténdese fomentar a profesionalización do sector apícola, un eido agrario de gran repercusión económica e medio ambiental que está en auxe nos últimos anos”, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

Esta acción está dirixida a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

Artigos relacionados

Back to top button