Celebrarase ata o 22 de abril e é de carácter gratuíto
Do 18 ao 22 de abril impartirase no centro de formación da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) no Barco un curso básico de informática . “Trátase dun curso gratuíto, enmarcado dentro das accións desenvolvidas a través do Servizo de Información, Orientación e Prospección de Emprego, e dirixido aos demandantes de emprego inscritos no servizo Público de Emprego de Galicia do Barco de Valdeorras”, tal e como se informa dende AEVA.
Ao longo das sesións abordaranse os seguintes contidos, orientados a mellorar a formación e as posibilidades dos desempregados na súa integración no mercado laboral: microsoft office word, nivel usuario, internet e correo electrónico.