EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Curso de iniciación á cata de viños da Ribeira Sacra en Castro Caldelas e na Teixeira

Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza a vindeira semana unha cata de iniciación de viños da Ribeira Sacra nos concellos ourensáns de Castro Caldelas e A Teixeira. Estas accións formativas están previstas o martes 28 de setembro na casa consistorial de Castro Caldelas e, ao día seguinte, na casa consistorial da Teixeira. En ambos casos celebrarase pola tarde, en horario de 17:30 a 21:30 horas. Todos os interesados poderán anotarse no curso cubrindo a correspondente solicitude dispoñible en https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/formacion-continua/plan-de-formacion-2021. Esta deberá remitirse finalmente ao correo electrónico de formacion.agacal@xunta.gal. Tamén poden chamar ao número 881997279 para máis información.

O obxectivo principal deste curso é proporcionar coñecementos básicos de enoloxía e viticultura aos asistentes, ademais de ensinarlles as habilidades básicas da cata de viños para que saiban distinguir os atributos positivos dos negativos e ter un vocabulario acorde a este tipo de prácticas. Así, o programa recolle unha parte teórica centrada nas peculiaridades das subzonas da Ribeira Sacra, pasando polas distintas tipoloxías de viño, a súa maduración e mesmo o seu etiquetado. Seguidamente, combinarase unha parte práctico-teórica sobre as distintas fases que compoñen unha cata, centradas nas parte visual, olfativa e gustativa.

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.

Artigos relacionados

Back to top button