DeportesÚltima hora

Curso de iniciación á escalada, o 16 de febreiro no Barco de Valdeorras

O Club Peña Trevinca Barco organiza esta actividade para o 16 de febreiro no pavillón de Calabagueiros
Cartel do curso de iniciación á escalada.

O vindeiro sábado 16 de febreiro o pavillón de Calabagueiros acollerá un curso de iniciación á escalada para mozos e mozas a partires de 8 anos, organizado polo Club Peña Trevinca Barco.

A actividade durará unha hora e media e estará coordinado por un monitor de escalada, para un máximo de 32 asistentes, distribuídos en 4 grupos de 8 persoas cada un. “Respectarase rigurosamente o orde de inscrición”, puntualizan dende a organización, adiantando que haberá dous grupos pola mañá para nenos, en horario de 10 a 13 horas; e outros dous grupos pola tarde para adultos en horario de 16 a 19 horas.

O custo do curso é de 5 euros para os menores de 18 anos e adultos que sexan socios do Club Peña Trevinca Barco; e de 8 euros para os maiores de idade que non sexan socios.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close