EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Curso de iniciación á cata de viños e escumosos na DO Monterrei

Nesta acción formativa participan 15 alumnos e estase a desenvolver na adega Franco Basalo
Luís Paadín, impartindo unha das sesións do curso na D.O.Monterrei.
Luís Paadín, impartindo unha das sesións do curso na D.O.Monterrei.

 

Viticultura básica, servizo do viño, as técnicas de cata ou as fichas son algúns dos contidos que se están a abordar no curso de iniciación á cata de viños e escumosos que organiza nestes días o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei.

Esta acción formativa, que se desenvolve na adega Franco Basalo, comezaba coa recepción dos 15 alumnos participantes e dos docentes por parte do presidente desta denominación, José Antonio Da Silva, quen lles agradecía a súa presenza na mesma.

 

Alumnos asistentes a este cursiño de iniciación á cata de viños e escumosos.
Alumnos asistentes a este cursiño de iniciación á cata de viños e escumosos.

Na terceira e derradeira sesión deste curso, que terá lugar o vindeiro venres 16 de decembro, analizaranse as elaboracións de brancos, tintos, sobre lías, madeiras ou as de escumosos, xunto co servizo e cata deste último tipo de viños. O curso está sendo impartido polo experto Luís Paadín, Master en Viticultura e Enoloxía da Universidade de Vigo e director da Guía de Vinos de Galicia e catador internacional en diferentes certames.

Fotos: CRDO Monterrei.

Artigos relacionados

Back to top button