EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Curso de iniciación á cata de viños na D.O. Monterrei

Quince alumnos asisten a esta acción formativa promovida por este consello regulador
Iria Otero, nunha das sesións deste curso de cata na D.O. Monterrei.

 

As orixes e a cultura do viño, a viticultura, a xeografía enolóxica e a valoración dos viños son algunhas das cuestións incluídas no “Curso de iniciación á cata de viños”, que vén de iniciarse na Denominación de Orixe Monterrei. Un total de quince persoas asistían á primeira das sesións desta acción formativa, organizada polo consello regulador desta D.O. e que se imparte na adega Alba Al-Bar S.L. (Daniel Fernández).

Os participantes eran recibidos polo presidente da D.O. Monterrei, José Antonio Da Silva, quen lles agradecía a súa asistencia e animávaos a participar noutras accións que organiza o Consello Regulador.

 

Un total de quince persoas asisten a esta acción formativa.

A terceira última sesión deste curso celebrarase o vindeiro venres 28 de abril e nela tocaranse cuestións relativas á enoloxía (vinificación de viños branco, tinto, rosado e escumoso), así como ao servizo de viños (accesorios, temperaturas, descorche, maridaxes).

O curso está sendo impartido por Iria Otero, licenciada en Farmacia -Universidade de Santiago de Compostela- e Enoloxía -Universidade da Rioxa.

Fotos: CRDO Monterrei.

Artigos relacionados

Back to top button