DeportesÚltima hora

Curso de iniciación á escalada, no Barco

O Club Peña Trevinca Barco organiza esta actividade para o 18 de marzo no pavillón de Calabagueiros
Cartaz do curso de iniciación á escalada.

O vindeiro sábado 18 de marzo o pavillón polideportivo de Calabagueiros acollerá un curso de iniciación á escalada para mozos e mozas a partires de 6 anos, organizado polo Club Peña Trevinca Barco.

A matrícula inclúe unha hora e media de clases cun monitor de escalada da EGAM (Escola Galega de Alta Montana) e custará 3 euros para os menores de 18 anos, 6 euros para os maiores e será de balde para os socios do club. Dende indican que contan cun total de 32 prazas “que se adxudicarán por riguroso orde de inscrición, e diviranse en grupos de 8 persoas como máximo, dous grupos pola mañá para nenos e dous grupos pola tarde para adultos, en función dos coñecemetos/habilidades dos inscritos”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close