Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Curso de manexo de desfibriladores en Manzaneda

Nesta actividade, na que tamén se recibía formación de Soporte Vital Básico, participaban 17 persoas

O Concello de Manzaneda vén de promover un curso de SVB (Soporte Vital Basico) e uso e manexo de DESA (Desfibrilador Semiautomático) para traballadores da Residencia da Terceira Idade e Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda.

Esta acción formativa ten lugar despois de que a este concello lle fose concedida unha subvención por parte da Deputación Provincial de Ourense para a adquisición dun DESA dentro do Programa de cooperación cos concellos da provincia co obxectivo de contribuír a que a Ourense teña a consideración de “Provincia cardio-protexida”. No caso de Manzaneda púxose un desfibrilador nas instalcións e espazos de maior influencia de público.

Nas bases deste programa constaba que unha das condicións para ser benefiario da axuda tiñan que formarse un número mínimo de 4 persoas. O Concello de Manzaneda seguindo o obxectivo da Deputación, deu formación, formou nesta ocasión a 17 persoas.

O desfibrilador estará instalado na Residencia da Terceira Idade e cando sexa preciso ou se requira trasladaráse a instalacións como o Polideportivo, piscina ou outros espazos e lugares que poida ser necesario.

A formación foi impartida por persoal formador da empresa Ambulancias Sil de O Barco de Valdeorras.

Fotos: Clemente Pérez e Olga Alvarez

Artigos relacionados

Back to top button