ConcellosÚltima hora

Curso de manipulador de fitosanitarios en Manzaneda

30 persoas asisten ao curso para a obtención do carné nas dependencias do Concello
Asistentes ao curso para sacar o carné de manipulador de fitosanitarios. /Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes ao curso para sacar o carné de manipulador de fitosanitarios. /Foto: Carlos G. Hervella.

Unha trinteta de persoas asisten ao segundo curso para a obtención do carné básico de manipulador de fitosanitarios promovido polo Concello de Mananeda e impartido pola academia Rua Nova de Ourense, centro autorizado pola Xunta de Galicia.

O curso desenvólvese ao longo de dúas fins de semana en horario de mañá e tarde do sábado e o domingo pola mañá. A primeira parte está tendo lugar no Concello na fin de semana do 9 e 10 de abril e a segunda impartirase os días 16 e 17.

Un momento do curso que se está impartindo en Manzaneda. /Foto: Carlos G. Hervella.
Un momento do curso que se está impartindo en Manzaneda. /Foto: Carlos G. Hervella.

Tal como explican dende Manzaneda, en total son tres os cursos que se dan neste concello ourensán para conseguir este tipo de carné con trinta inscritos en cada un, quedando pendente o terceiro.

Artigos relacionados

Back to top button