DeportesÚltima hora

Curso de monitor de fútbol sala en Valdeorras

Os interesados poden informarse no Club Pizarras Los Tres Cuñados F.S.
Corpo técnico do Pizarras Los Tres Cuñados F.S. /Foto: Mónica G. Bellver.

No 2019 a comarca de Valdeorras podería contar cun curso de monitor de fútbol sala. Así o aseguran dende o Pizarras Los Tres Cuñados F.S. que vén de publicar nas redes sociais que toda a xente interesada na súa realización pode poñerse en contacto con eles no número de teléfono 646 689 827 preguntando polo director deportivo, Roberto. 

Chegando a un número determinado de participantes, a Federación Galega de Fútbol desprazaría ata a comarca ás persoas encargadas de impartir o curso polo que dende o club animan a todo aquel que esté interesado en potenciar a práctica e difusión deste deporte.

 

Artigos relacionados

Back to top button