ConcellosÚltima hora

Curso de prevención de incendios en Manzaneda

As xornadas impartiranse do 10 ao 12 e do 17 ao 19 de outubro na Aula de Lecer
Asistentes a un curso de Protección Civil, en Manzaneda.
Asistentes a un curso de Protección Civil, en Manzaneda.

Ao longo de dúas fins de semana, do 10 ao 12 e do 17 ao 19 de outubro, a vila de Manzaneda acollerá un curso sobre “Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais” que se impartirá na Aula de Lecer (o lado do Colexio Público).

Nas xornadas participarán vinte persoas e está organizado pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e o Servizo Territorial de Emerxencias de Ourense, en colaboración coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda e o Concello de Manzaneda.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button