ConcellosO BarcoÚltima hora

Curso de prevención de riscos laborais nivel básico, en outubro no Barco

Será promovido por UXT Ourense, Valdeorras e Verín e terá 50 horas de duración

Exterior da sede de UXT no Barco./ Foto: A.R.

 

Dende UXT Ourense, Valdeorras e Verín vén de infomarse de que neste outono se impartirá un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico, de 50 horas de duración, no Barco. Este curso é oficial da Xunta de Galicia e desenvolverase dende o 4 ao 18 de outubro.

Aquelas persoas interesadas en realizalo poderán anotarse na sede de UXT no Barco ou chamando ao teléfono 988 32 15 74.

Artigos relacionados

Back to top button