ConcellosÚltima hora

Curso de “Seguridade con visión de xénero” no Barco

Trátase dunha iniciativa de formación en igualdade e violencia de xénero para a Policía Local e outras forzas e corpos de seguridade

Proporcionar ferramentas aos membros da Policía Local e pesoas integrantes dos grupos de Protección Civil e outras forzas e corpos de seguridade, dotándoas de coñecementos teóricos e prácticos sobre o fenómeno da violencia de xénero. Este é o obxectivo do curso “Seguridade con visión de xénero” que se desenvolvía neste 24 de abril no Concello do Barco.

Estaba impartido dende Femlegal (despacho especializado en igualdade e violencia de xénero) de Viana do Bolo en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) do Barco. O curso inclúe un total de cinco módulos. Un deles céntrase é unha introdución á violencia de xénero, outros dous refírense ao marco legal actual (código penal e lexislación específica e dereitos das vítimas), tamén se abordan os aspectos psicosociais deste tipo de violencia e a situación actual nos protocolos de actuación.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button