EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Curso de seguridade laboral, biodinámica e produción integrada no sector vitivinícola, na UNED A Rúa

Celebrarase os días 11, 12 e 19 de xuño en horario de tarde, e poderá seguirse en liña

Práctica de campo do curso de técnicas de viticultura celebrado en marzo. /Foto: UNED A Rúa.

 

Entre o 11 e o 19 de xuño a Aula UNED da Rúa acollerá o curso básico de seguridade laboral, biodinámica e  producción integrada no sector vitivinícola, que estaba previsto para o mes de marzo e tivo que ser aprazado polo decreto do estado de alarma.

Tal como explican dende UNED Ourense, o sector vitivinícola posúe particularidades que requiren dun coñecemento específico á hora de implementar un plan de Prevención de Riscos Laborais, que implica melloras na calidade do viño. “Na produción integrada garatízase ao consumidor un produto máis sostible e respectuoso co medio ambiente, por iso en Galicia a produción integrada en viñedo está regulada dende o ano 2005”, din. Por outra banda, o fenómeno da viticultura biodinámica “intenta tratar dende un enfoque ético, espiritual e ecolóxico a agricultura, a producción de alimentos e a nutrición”. Partindo destas tres premisas, organiza este curso que se desenvolverá en horario de tarde, dende las 17 ata as 21 horas na sala 8 da Aula Universitaria da villa ruesa. Consta de 15 horas lectivas que poderán cursarse presencialmente ou en liña.

O programa arrancará o xoves 11 de xuño. Ese día o enxeñeiro técnico agrícola Ricardo Dobao explicará a produción integrada no viño; a introdución á produción integrada no viñedo; a normativa e requisitos técnicos; así como a produción integrada de industrias de elaboración de viño. O venres 12 de xuño, Jesús Manuel Álvarez Rodríguez, máster en Prevención de Riscos Laborais pola UNED, explicará que é a Prevención de Riscos Laborais (PRL), así como as boas prácticas en PRL no sector vitivinícola. Tamén dará nocións básicas para acabar centrándose na prevención especifica na vendima e nas adegas, entre outros temas. A terceira sesión, sobre biodinámica, está prevista para o venres 19 de xuño e correrá a cargo do enxeñeiro técnico agrícola, Santiago Pérez. Comenzará facendo una introducción acerca das diferenzas cos métodos tradicionais, ecolóxco e natural, para continuar falando sobra a influencia da lúa nos movementos da sabia. Tamén falará do calendario e dos preparados biodinámicos.

Para inscribirse neste curso hai que enviar un correo a info@a-rua.uned.es. Na modalidade presencial establécese un máximo de 7 persoas que deberán ir provistas das medidas de seguridade sanitaria vixentes pola pandemia do Covid-19. A matrícula custa 35 euros e formalízase online.

Artigos relacionados

Back to top button