EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

“Curso de tapas e coctelería no Outono” na Veiga

Unhas 14 persoas asistían a esta acción formativa, a primeira das catro que se impartirán no Xeodestino Manzaneda-Trevinca organizarase neste mes de novembro

O CEIP Eduardo Ávila Bustillo da Veiga acollía os días 14 e 15 de novembro o “Curso de tapas e coctelería no Outono”. Estaba impartido pola docente Estefanía Montes e nel participaban 14 persoas.

Na cociña elaboráronse tapas, ademais de 2 sobremesas con produtos típicos do outono. Nas dúas sesións ensináronse diferentes técnicas culinarias e contaron con parte teórica e práctica ademáis da degustación final por parte dos participantes.

Os cócteles elaborados foron: Mojito de albariño, Caipiriña de augardente, Bloodie Mary, Margarita de augardente, Piña colada de licor de herbas. No caso das tapas e sobremesas as elaboracións foron as seguintas:
Ensalada César, Brocheta de solomillo de cerdo con vinagreta de licor café e puré de castaña, Salmón flameado ao licor de herbas con timbal de patacas e verduriñas, Risotto de boletus con tetilla, Profiteroles recheos de crema pasteleira e Tarta de castaña e chocolate.

Esta é a primeira das catro accións formativas deste tipo que se impartirán en novembro no Xeodestino Manzaneda-Trevinca.

 

 

Estes cursos son de balde e realizaranse en 2 xornadas divididas en tapas e coctelería con sabores e productos de outono. Todas as sesións contarán con parte teórica e práctica. A seguinte acción será os días 20 e 21 de novembro na Rúa (Ceip Manuel Respino). Ademais os días 22 e 27 de novembro impartirase en Trives (Pazo da Corga) e os días 28 e 29 de novembro O Barco de Valdeorras (Centro Municipal formación A Cerámica)

Este curso está promovido polo Inorde en colaboración con outras entidades como os concellos do Barco, A Rúa, Trives e A Veiga.

Máis información: Inorde.
Inscricións:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfTdVJFtwLPXhxkfT67UUjuUtNwVNehGygdsTw9ZtG0tLLM9w/viewform

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close