EconomíaEconomíaÚltima hora

“Curso de tapas e coctelería no Outono” no Barco, A Rúa, Trives e A Veiga

Estas accións formativas son de balde e realizaranse en 2 xornadas divididas en tapas e coctelería con sabores e productos de outono
Imaxe dunha tapa./ Foto: Carlos G. Hervella.

No Xeodestino de Manzaneda-Trevinca organizarase neste mes de novembro un “Curso de Tapas e Coctelería no Outono”, promovido polo Inorde en colaboración con outras entidades como os concellos do Barco, A Rúa, Trives e A Veiga.

Estas accións formativas son de balde e realizaranse en 2 xornadas divididas en tapas e cocteleria con sabores e productos de outono. Todas as sesións contarán con parte teórica e práctica. O calendario será o seguinte:

14 e 15 de novembro. A Veiga (Colexio Público)
20 e 21 de novembro. A Rúa (Ceip Manuel Respino)
22 e 27 de novembro. Trives (Pazo da Corga)
28 e 29 de novembro O Barco de Valdeorras (Centro Municipal formación A Cerámica)

As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo no seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfTdVJFtwLPXhxkfT67UUjuUtNwVNehGygdsTw9ZtG0tLLM9w/viewform

Hai un límite de 15 prazas por curso e pode anotarse calquera, non é necesario ser da poboación na que se imparte para facelo nesa data xa que o curso é do Xeodestino Manzaneda Trevinca. A admisión dos alumnos será por rigurosa orde de inscrición.

Artigos relacionados

Back to top button