Concellos

Curso de tecido tradicional no museo en Quiroga

Dende o 17 de xuño ata o 30 de setembro. Esta será a duración do curso de tecido tradicional que se está a impartir nas instalacións do Museo Etnográfico Municipal de Quiroga. Esta acción achega a posibilidade de descubrir e aprender as técnicas tradicionais das antigas tecedeiras, que co paso dos anos se están perdendo e esquecendo. O curso amosa as diferentes fases do proceso: urdir o fío para configurar a base sobre a que se tece, preparar o fío de la para tecer (cardar, fiar ao fuso e á roca, torcer…), preparar os flocos para decorar as distintas pezas, etc.

E iso no marco do museo, que dende o 2007 recolleu e restaurou pezas tradicionais usadas no traballo textil. O curso impárteo a tecedeira Visuña Carmen Barreiro coa colaboración de Manola Soto. Terá unha duración de 40 horas e está organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Quiorga.

Texto: O Sil/Redacción

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button