EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Curso de técnicas de cultivo en viticultura e plantación do viñedo, na Rúa

A segunda xornada celebrarase o 16 de marzo e estará centrada nas enfermidades do viñedo

Un total de 17 alumnos de distintos perfiles do ámbito vitícola, tanto profesionais como non profesionais, asistían á primeira xornada do curso de técnicas de cultivo en viticultura e plantación do viñedo, celebraba o 9 de marzo na Aula Uned A Rúa a cargo do técnico Santiago Pérez.

Ao longo da xornada tocáronse temas como a bioloxía da vide ou sistemas de conducción, aínda que o eixe sobre o que xirou a clase foron as intervencións de poda e os diferentes sistemas (poda guyot, poda en verde, poda de formación, poda en vaso,…), os efectos dunha mala poda ou as épocas para levala a cabo.

A xornada remataba coas prácticas sobre cepas vellas que se levaron a cabo na aula, que o ponente introducía asegurando que “a poda é un reparto da carga en equilibrio”.

A segunda xornada do curso celebrarase o vindeiro venres 16 de marzo a cargo de Ricardo Dobao e tratará principalmente sobre as enfermidades do viñedo, centradas sobre todo na comarca de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button