EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Curso de viños da D.O. Valdeorras, o 30 e xuño na Coruña

Será impartido polo director técnico desta denominación na Aula de Cata de Servino
Copas con godello da D.O. Valdeorras nunha cata./ Foto: Carlos G. Hervella.

Achegarse na Coruña ás singularidades e matices dos viños elaborados na Denominación de Orixe Valdeorras será posible a través dun curso gratuíto, que se desenvolverá o vindeiro 30 de xuño na Aula de Cata Servino (rúa Europa, 3).

Esta acción formativa será impartida polo director técnico do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, Jorge Mazaira. Para asistir será imprescindible reservar praza en info@servino.net, segundo informa o CRDO Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button