EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Curso formativo de cata, na D.O. Monterrei

Nel participarán 18 de persoas e as sesións iniciaranse o 15 de abril

 

No curso cataranse viños das denominacións de orixe galegas, entre elas a de Monterrei./ Foto: Carlos G. Hervella.
No curso cataranse viños das denominacións de orixe galegas, entre elas a de Monterrei./ Foto: Carlos G. Hervella.

O vindeiro 15 de abril comezará a impartirse o curso “Aproximación ao mundo da cata de viños”, organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei . Será a primeira das catro sesións desta acción formativa de carácter gratuíto (cuxas 18 prazas xa están completas) que continuará o 16 de abril, o 6 e o 7 de maio.

O curso, que se celebrará en las bodegas Franco Basalo, S.L.U (sesións do mes de abril) e Crego e Monaguillo SL (sesións de maio), pretende formar catadores e “revalorizar o viño e a súa elaboración entre o público asistente”, tal e como se adianta dende a D.O. Monterrei.

Será impartido polos profesionais Iria Otero e Antonio Portela que abordarán cuestións como a iniciación á cata, técnicas de cata, servizo de viño, orixes da vide, variedades de uva, denominacións de orixe ou elaboracións de brancos, tintos e barricas, entre outras.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close