ConcellosO BoloÚltima hora

Curso no Bolo para mellorar as plantacións de castiñeiro de froito

Souto de castiñeiros./ Foto: A.R.

 

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organizará o 13 de outubro unha xornada formativa no Bolo, orientada a mellorar as plantacións de castiñeiro. Terá unha duración de catro horas en horario de tarde e impartirase no polideportivo do Bolo.

Con esta iniciativa búscase que os produtores de castiñeiro en froito “orienten as súas plantacións aos mercados actuais, cunha visión global dos coidados e dos mantementos precisos para acadar unha mellora na saúde e na produción da castaña. Nesa liña, ensinaránselles aos participantes os distintos tipos de enxerto e as razóns para enxertar, así como os obxectivos das diferentes podas e as ferramentas necesarias para levalas a cabo”, indica Medio Rural.

A xornada vai dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

Os interesados en participar nestas accións formativas deberán cubrir o correspondente formulario de solicitude que poden atopar no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Logo poderán remitilo cuberto ao enderezo electrónico formacion.agacal@xunta.gal e facer calquera consulta chamando ao teléfono 881997279.

Artigos relacionados

Back to top button