ConcellosO BarcoÚltima hora

Curso sobre aspectos prácticos da normativa forestal, o 29 de xuño no Barco

O curso desenvolverase na Casa Grande de Viloira en horario de 16:30h. a 20:30h.

Foto: A.R.

 

A Consellería do Medio Rural ten previsto celebrar unha acción de formación profesional e adquisición de competencias sobre os aspectos prácticos da normativa forestal. O obradoiro darase na Casa Grande de Viloira, no concello do Barco de Valdeorras, o día 29 de xuño en horario de tarde dende as 16:30 ás 20:30 horas.

O programa deste curso aborda aspectos prácticos da Lei de montes de Galicia e da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Os alumnos serán formados en nocións tales coma repoboacións forestais, obrigas de xestión da biomasa, actividades en terreos queimados ou cambios de actividade no monte, entre outros aspectos.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, pretende abordar como lle afecta a normativa vixente á poboación rural no relativo aos montes e á prevención de incendios forestais. Por iso, o curso centrarase nos procedementos máis habituais que a maioría de habitantes das aldeas e pobos galegos necesitan nalgunha ocasión.

Máis información:
https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas

Artigos relacionados

Back to top button