ConcellosÚltima hora

Curso sobre medios de loita contra a velutina, o 27 de setembro no CFEA de Monforte

― Busca que os participantes diferencien a velutina da avespa autóctona e que coñezan os métodos de trampeo e atraíntes máis recomendables para combatela

Niño de Vespa velutina./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza a semana vindeira no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte unha formación sobre a Vespa velutina e os medios existentes para combatela. Prevista para o próximo luns 27 de setembro, está programada das 16,00 h. ás 21,00 h.

Preténdese dar a coñecer as estratexias que se están investigando, así como as que máis éxito amosaron ata o de agora, para controlar a poboación de avespa velutina que está a afectar a produción das colmeas galegas. Primeiramente, búscase que os participantes diferencien esta especie da avespa autóctona, para logo coñecer o seu ciclo biolóxico, os métodos de trampeo e atraíntes segundo a época do ano e o uso e mantemento de arpas eléctricas, así como as últimas novidades en investigación ao respecto.

Canto aos participantes, a acción están dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

En https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas pode atoparse o referido a este curso curso e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico cesar.crespo.vazquez@xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 982889106.

Artigos relacionados

Back to top button