ConcellosEconomíaEconomíaO BarcoÚltima hora

Curso sobre planificación de plantacións de castiñeiro de froito no Barco o 25 de outubro

 

O salón de actos do edificio Multiusos do Barco acollerá o vindeiro 25 de outubro ás 17h. o curso “O castiñeiro de froito: planificación e deseño das plantacións”. Esta acción formativa, cunha duración de catro horas, está organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e será impartida polo secretario da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia, Manuel López Vilariño.

Esta xornada pretende achegar formación de cara a planificar as plantacións de castiñeiros en función das zonas e do destino final do produto. Ademais, dá continuidade a curso xa impartidos en anos anteriores no Barco “para manter ao día aos produtores de castaña sobre novidades, investigación, tratamentos actualizados de doenzas así como orientalas sobre as tendencias técnicas e de mercado”, segundo a organización.

 

 

O programa xirará en torno a cinco eixos principais: planificación (variedades priorizadas, polinizadores, condicións do solo, orientación, marco, análise e indicadores de vexetación), repoboación (desbroce, preparación do terreo e replanteo), plantación (obxectivos, protaenxertos/variedades, consellos), peche perimetral e outras recomendacións (rego, fertilización).

O curso vai dirixido a persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou a aquelas outras con expectativa de incorporación, en especial mozos do medio rural galego.

Os interesados en asistir poderán anotarse no curso cubrindo a solicitude dispoñible aquí:

Formulario solicitude de asistentes ANEXO I 2021

Esta deberá remitirse finalmente ao correo electrónico info@castanadegalicia.org .

Artigos relacionados

Back to top button