ConcellosSoberÚltima hora

Curso sobre planificación e deseño de plantacións de castiñeiro de froito en Sober

Este curso terá lugar mañá na Casa da Cultura a partir das 10h. e está incluído nos actos do "Mes do Amandi"

Plantación de castiñeiros./ Foto: IXP Castaña de Galicia.

 

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), desenvolverá mañá un curso sobre a planificación e o deseño das plantacións de castiñeiro de froito. A acción formativa celebrarase na Casa da Cultura de Sober, en horario de 10:00 a 14:00 horas e será impartida por persoal técnico da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia. Ademais está actividade forma do programa do “Mes do Amandi”, promovido dende o Concello de Sober.

“O obxectivo principal deste curso é planificar as plantacións de castiñeiros en función das zonas e do destino final do produto, ademais de complementar a formación dos produtores de castaña sobre as novidades de investigación, os tratamentos das árbores, as tendencias técnicas do mercado, entre outros aspectos”, segundo avanza a Consellería do Medio Rural.

Así, o programa terá un apartado sobre a planificación, onde se abordarán as variedades priorizadas de castiñeiros para froito, os principais polinizadores, as condicións óptimas do solo, a orientación das plantacións e os indicadores de vexetación. No tocante ao apartado de repoboación, analizaranse as mellores técnicas de roza, preparación do terreo e replanteo. Na parte de plantación, trataranse aspectos como os portaenxertos e daranse consellos para o correcto cultivo destas árbores. Por último, tamén se abordarán outras recomendacións como o tipo de rego ou fertilizantes a usar neste tipo de plantacións.

Artigos relacionados

Back to top button