EconomíaEconomíaÚltima hora

Curso sobre “Pole e própole” o 6 de xullo en Vilamartín

Esta actividade formativa, que comezará ás 17h. no Centro Cultural Santa Lucía e será organizada pola Asociación Valdeorresa de Apicultores
Imaxe do curso impartido en maio sobre própole a través da Asociación Valdeorresa de Apicultores./ Foto: Teodoro Suárez.

 

No tema do própole volverá incidir cunha nova acción formativa a Asociación Valdeorresa de Apicultores. Dous meses despois da xornada práctica celebraba en maio (na que se amosaba como elaborar crema, xel dental ou xarope de mel), esta entidade organizará outro curso sobre esta materia titulado “Pole e Propóle”. Está previsto para o 6 de xullo no Centro Cultural Santa Lucía de Vilamartín.

A actividade comezará pola tarde, ás 17h. abordando cuestións como a recolección de pole, a flora de interese para a súa produción, a preparación das colonias, os cazapoles e a súa instalación, e o secado do pole.

A partires das 19:30h. a sesión tocará o própole, o interese comercial, a instalación de reixas de própole e a extracción deste produto. Farase ademais unha simulación na propia aula. Este curso é gratuíto e vai destinado só a socios desta entidade valdeorresa.

 

Artigos relacionados

Back to top button