Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Curso sobre técnicas de intervención e rescate en terreo nevado na estación de montaña de Manzaneda

Esta acción formativa descentralizada da Agasp consta de dúas edicións con 16 participantes en cada unha delas

A base de Protección Civil e a estacion de montaña de Manzaneda son sede do curso descentralizado da Agasp, “Técnicas de intervención, auxilio e rescate en terreo nevado”. Esta acción formativa consta de dúas edicións con 16 participantes en cada unha delas. A primeira impartíase os días o 13 e 14 de marzo e segunda está tendo lugar nesta fin de semana de 16 e 17 de marzo.

Nestes cursos estanse formando voluntarios de agrupacións da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e tamén toman parte activa varios voluntarios da Agrupacion de Protección Civil de Manzaneda, sendo esta tamén a encargada de dar acollida aos participantes.

Dende a agrupación de Protección Civil de Manzaneda maniféstase a súa gratitutde “a Agasp, ao Servizo Territorial de Emerxencias por ter a ben que fose Manzaneda organizador desta accion formativa. Gratitude tamen a Ulloa de Salvamento como entidade formadora e a Oca Nova Manzaneda pola colaboración prestada para o desenrolo das prácticas nas suas instalacions”.

Fotos cedidas polos voluntarios participantes neste curso.

Artigos relacionados

Back to top button