ConcellosO BarcoÚltima hora

Curso sobre traballos con amianto no Barco, do 19 ao 20 de novembro

Edifico multiusos do Barco./ Foto: A.R.

 

No vindeiro mes de novembro impartirase no Barco o curso titulado “Traballos con amianto. Xestión, manipulación e tratamento”, organizado polo ISSGA da Consellería de Emprego e Igualdade. Desenvolverase no salón do edificio Multiusos os días 19 e 20 de novembro.

O curso terá 15 prazas e unha duración de 8 horas. As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición no departamento de emprego do Concello do Barco (Concello Vello, planta baixa).

 

Artigos relacionados

Back to top button