EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cursos de viticultura e fotografía na Aula Uned da Rúa

Nestas dúas accións formatias participaban un total de 47 asistentes

Unhas 25 persoas participaban no Curso de Viticultura e Plantación do viñedo, celebrado na Aula Uned da Rúa. A xornada finalizaba na pasada fin de semana coa poda en verde e o desenvolvemento da vide, deschuponado e desnietado en viñedos.

“Tras todo o curso aprendendo distintas técnicas de poda, segundo a época e tipos e enxertos, enfermidades e pragas, etc. Clausuraban o ano coa poda en verde en viñedo”, segundo se informa dende a Aula Uned da Rúa.

Por outra banda, os 22 asistentes ao “Curso de Iniciación á Fotografía” aprendían a manexar a súa cámara con maior eficacia, controlando as luces e sombras, modos de enfoque, axustes de cámara e modos de funcionamiento, tanto no interior da aula como no exterior.

Fotos: Aula Uned A Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button