OurenseÚltima hora

Cursos sobre termalismo en Expourense

Profesionais de México, Colombia, Costa Rica e Ecuador asistiron ao curso sobre “Formación, Lexislación e Normas de calidade”
Un dos momentos do curso en Expourense.
Un dos momentos do curso en Expourense.

Máis de 40 profesionais de México, Colombia, Costa Rica e Ecuador, principalmente, están participando nos cursos de capacitación termal previos a Termatalia.

O curso da xornada do 21 de setembro versou sobre “Formación, Lexislación e normas de calidade en termalismo” e foi impartido polo doutor Antonio Freire, director de Gala Termal e director médico do Balneario Aguas Santas; e por Luis Manuel Vicente Torcal, experto en sistemas de certificación turística. As sesións teóricas da mañá complementáronse coa visita pola tarde a Termaria, centro de talasoterapia e á Torre de Hércules na Coruña (Patrimonio da Humanidade).

Mañá mércores 23 de setembro, será o turno do I Congreso Internacional da Auga organizado polo Campus da Agua da Universidad de Vigo en colaboración con Termatalia e outras entidades como o Concello de Ourense e a Deputación.

E xa o xoves 24 comezará a 15º edición de Termatalia, Feria Internacional de Turismo Termal que concluirá o sábado 26. O acto oficial de inauguración será ás 11 horas e contará coa presenza do Ministro de Sanidade do Goberno, Alfonso Alonso.

Ao rematar a feira, os días 28 e 29 de setembro impartiranse dous novos cursos de formanción post-feira que incluirán unha sesión “Peloides e cosmética termal”, a cargo de investigadores de referencia internacional con visita ao Talaso Atlántico de Oia, en Pontevedra. A última xornada versará sobre “Hidroloxía Médica e Técnicas Termales” coa realización de prácticas no balneario de Aguas Santas, en Ferreira de Pantón, Lugo.

Artigos relacionados

Back to top button