PolíticaÚltima hora

CxG non participará na Deputación de Ourense

O partido daba conta en rolda de prensa dos acordos tomados no congreso que celebraba en Padrón
O coordinador provincial de CxG, Xosé Manuel Pérez Bouza, e a concelleira de CxG en Maceda, Ruth Parada, na comparecencia ante a prensa.
O coordinador provincial de CxG, Xosé Manuel Pérez Bouza, e a concelleira de CxG en Maceda, Ruth Parada, na comparecencia ante a prensa.

Compromiso por Galicia (CxG) quere facer “nova política, fronte á vella política”. Así se decidía no primeiro Congreso deste partido, celebrado en Padrón na fin de semana do 15 e 16 de novembro. Dos acordos tomados nese foro daban conta en rolda de prensa na mañá do 19 de novembro o coordinador provincial de CxG, Xosé Manuel Pérez Bouza, e a concelleira de CxG en Maceda, Ruth Parada.

Entre as decisións tomadas está a de non participar na Deputación. “As Deputacións son inútiles xa que non xeran recursos e só adican o 20% a investimentos. Son ineficaces e un niño de corrupción, polo que por coherencia non participaremos nelas se temos representación”, dixo o coordinador da formación galeguista, quen aclarou que é unha medida “para sempre”.

Pola súa banda, Ruth Parada sinalaba que “non participaremos nas Deputacións” a nivel galego, e “con máis razón nesta”, en referencia á de Ourense, cuxa forma de facer política cualificaba como “falta de respecto”.

Deste xeito CXG convértese na primeira forza política que anuncia publicamente a súa intención de non participar nas Deputacións, tal e como destacaba Pérez Bouza, quen sinalaba que “a CxG viríalle moi ben participar dos órganos provinciais para o seu financiamento propio, pero non pensa facer de coro do caciquismo 2.0 dos populares nesta provincia, como fan outros”.

Artigos relacionados

Back to top button