Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

CxG propón o “Pacto do Miño” en Ourense

Insta ao resto de forzas políticas a asinar un acordo para a aAprobación do PXOM no primeiro ano de mandato da vindeira lexislatura
Membros de CxG, diante da cadea vella, na rúa Progeso de Ourense.
Membros de CxG, diante da cadea vella, na rúa Progeso de Ourense.

Compromiso por Galicia (CxG) aposta por un acordo para sacar adiante por unanimidade o plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Ourense. Neste senso pide aos responsables do resto das forzas políticas que asinen un pacto, o “Pacto do Miño”, para aprobar o PXOM no primeiro ano de mandato. O Pacto do Miño “permitirá a creación de postos de traballo e a dinamización económica de Ourense”, segundo esta formación política.

Esta proposta lánzabaa o cabeza de lista ourensán de CxG na mañá do 18 de maio. Xosé Mosquera sinala que traballará por dar estabilidade xurídica a ordenación do territorio en Ourense no menor periodo de tempo, “deste xeito é preciso favorecer a chegada de novas inversións e posibilitar o desenvolvemento do plan termal na cidade, así mesmo como a implantación da estación intermodal”.

Artigos relacionados

Back to top button