EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei, nas I Xornadas Enogastronómicas Culturais PicoTeo

Celebraranse ata o vindeiro 11 de novembro nesta localidade coruñesa e incluirán petiscos con viños desta zona ourensá, así como música en directo
Viño da D.O. Monterrei./ Foto: Carlos G. Hervella.

Os brancos e os tintos da Denominación de Orixe Monterrei estarán presentes ata o vindeiro 11 de novembro na primeira edición das Xornadas Enogastronómicas Culturais PicoTeo, organizadas polo concello coruñés de Teo. Nesta iniciativa participan 19 establecementos de hostalaría deste municipio que ofertan petiscos ou menús maridados cun viño de Monterrei.

Os prezos do petisco e da copa son 3 euros, o da ración e dúas copas 7,5 euros e o do menú con copa de viño de 15 euros. Esta iniciativa conta asemade cun compoñente cultural e os locais ofrecen música en directo.

 

 

A clausura destas primeiras xornadas gastronómicas terá lugar o día 11 de novembro, coincidindo coa feira de San Martiño. Nela estarán, xunto á D.O. Monterrei, outras denominacións vitivinícolas ourensás, así como doutros produtos da comunidade con indicación xeográfica protexida. Durante esta xornada impartirase o obradoiro “Percorrer Galicia a través dos seus viños, dende dentro da copa” a cargo da sumiller Mercedes González.

 

A sumilller Mercedes González.

Artigos relacionados

Back to top button