EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei recibe a visita de membros da Asociación de Sumilleres de Castellón

Membros da Asociación de Sumilleres de Castellón coa presidenta da D.O. Monterrei na sede do consello regulador.

Co fin de coñecer o viño da Denominación de Orixe de Monterrei e o territorio onde se produce, uns quince membros da Asociación de Sumilleres de Castellón (ASUCAP) e de hostaleiros desa cidade realizaban unha visita a esta zona produtiva ourensá.

Iniciaban o seu percorrido na sede do Consello Regulador en Verín, onde eran recibidos pola súa presidenta, Lara Da Silva. Ademais nestas instalacións asistían a unha pequena presentación das peculiaridades da zona e dos viños de Monterrei. Despois, acompañados por Da Silva, desprazábanse ata o Castelo de Monterrei, onde realizaban unha visita guiada.

Tras o percorrido cultural, os sumilleres dirixíanse ata tres adegas inscritas na denominación de orixe Monterrei (Pazos del Rey, Castro de Lobarzán e Couto Mixto) para coñecer in situ os seus tintos e brancos.

“Visitas destas características permiten coñecer a sumilleres e hostaleiros o territorio onde se elaboran os nosos viños, así como coñecer da man dos adegueiros as peculiaridades e características dos mesmos”, destaca Lara Da Silva.

Artigos relacionados

Back to top button