EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei segue sumando adegas

Con Trasdovento S.L., que vén de lograr a certificación, esta denominación ourensá chega ás 25 adegas

monterrei

O Comité de Certificación da Denominación de Orixe Monterrei reuníase o 25 de maio para valorar a certificación dunha nova adega, Trasdovento S.L. (situada en el municipio de Oímbra). “Unha vez que o Comité constataba que superou todos os requisitos necesarios, esta adega pasa a certificar a súa produción de viño branco baixo o selo de calidade da Denominación de Orixe Monterrei”, segundo se informa dende o seu consello regulador. Esta certificación permítelle á adega utilizar no etiquetado das súas botellas as tiriñas distintivas da D.O.

Con esta nova incorporación, esta xove denominación de orixe ourensá suma un total de 25 adegas inscritas e certificadas, que están situadas nos municipios de Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Artigos relacionados

Back to top button