EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras asinará un convenio co colexio ourensán de enxeñeiros agrícolas

A decisión tomábase no pleno que se celebraba no consello regulador na mañá do 10 de agosto
Imaxe dun pleno anterior do CRDO Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe dun pleno anterior do CRDO Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras ten previsto asinar un convenio de colaboración entre este organismo e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Ourense. A decisión tomábase no pleno que este órgano réctor celebraba na mañá do 10 de agosto na súa sede, en Vilamartín.

Este acordo ten como obxectivo “intensificar os labores de control e ordenación da viticultura na comarca. Ao abeiro deste convenio, o Consello Regulador poderá contar con personal técnico cualificado procedente deste colexio para realizar labores puntuais de control de calidade e certificación”, segundo se informa dende o consello valdeorrés.

Este convenio, que será asinado proximamente, terá unha duración de tres anos. No texto do documento o Consello Regulador “comprométese a dar prioridade nas súas contratacións a profesionais adscritos ao Colexio de Enxeñerios Técnicos Agrícolas de Ourense. Pola súa banda, o Colexio asume o compromiso de divulgar entre os seus colexiados as necesidades de traballo que lle sexan transmitidas pola D.O. Valdeorras”, tal e como se indica dende a D.O. Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button