EconomíaEconomíaSen categorizarÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras pedirá a declaración de zona catastrófica polos danos das xeadas

Acordábase na sesión plenaria do consello regulador do 2 de maio, na que tamén se aprobaba reclamar a diferentes administracións axudas directas para os viticultores 
Imaxe da sesión plenaria do CRDO Valdeorras.

Os graves danos ocasinados polas xeadas da pasada semana nos viñedos eran o tema central en torno ao que xiraba o pleno que celebraba na mañá do 2 de maio o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

No decurso da sesión dábase a coñecer un informe de impacto de danos e o presidente da D.O., Francisco García, lía unha declaración institucional na que se detallaban diferentes iniciativas para que o organismo lidere a posta en marcha de medidas paliativas na comarca.

“Diferentes concellos da zona activaron xa a recollida de sinaturas para reclamar a declaración de zona catastrófica”, dicía Francisco García, e “en resposta ás demandas que nos trasladan (…) desde o sector, imos liderar desde o o Consello Regulador esta reclamación. Non só imos sumarnos á petición da declaración de zona catastrófica, senón que abanderaremos a iniciativa na comarca. Para isto, intentaremos consensuar primeiramente unha reclamación común con outros consellos reguladores tamén afectados e elevar a nosa petición ao Goberno”.

 

Viñedo da D.O. Valdeorras afectado pola xeada.

 

Xunto a isto, o Consello Regulador da D.O. Valdeorras vai reclamar a diferentes administracións axudas directas para que os viticultores fagan fronte ás serias perdas orixinados polas xeadas.

Finalmente, o pleno aprobaba realizar nos vindeiros días accións formativas con expertos que  trasladen aos interesados coñecementos precisos sobre como proceder para traballar o terreo tras a xeada e para que se minimice, deste xeito, o seu impacto negativo sobre as vides. Así, porase en marcha unha acción formativa o vindeiro venres, día 5, ás 19.00 horas no cine da Rúa. Trátase dunha charla que impartirá o especialista Francisco Rego.

 

Artigos relacionados

Back to top button